As accións que poden realizarse para lograr os cambios sociais propostos
poden agruparse nestes oito tipos (Santesmases, 1995):
1. Información e educación. Trátase de ofrecer información obxectiva
difundida á poboación sen expresar opinións, para que sexa
o receptor quen estableza as conclusións.
2. Persuasión e propaganda. O obxectivo é extraer conclusións e
facer afirmacións dramáticas sobre os beneficios de desenvolver
un comportamento determinado ou dos prexuízos que supón non
realizalo.
3. Controis sociais. Presións diseminadas a través dos grupos sociais
que impulsan normas e valores, por exemplo, o tamaño da
familia.
4. Sistemas de subministro. Consiste en minimizar os problemas de
accesibilidade aos servizos públicos.
5. Incentivos económicos. Inclúe tanto os aforros – desgravacións,
intereses preferentes en créditos, etc. – coma pagos en efectivo –
axudas familiares, subvencións, etc..
6. Desincentivos económicos. Supón a imposición de sancións polo
desenvolvemento dun determinado comportamento ou o establecemento
de recargas ou impostos sobre o custo dun produto.
7. Consellos clínicos e modificación do comportamento. Implica a
erradicación de comportamentos socialmente indesexables ou a
aprendizaxe doutros desexables, por exemplo, os programas de
prevención contra a SIDA.
8. Regulacións e controis. Supón establecer restricións legais para
impedir determinados comportamentos e impoñer sancións no
caso de que se incumpran.
No hay comentarios:
Publicar un comentario en la entrada